Desenrolado por coroa.es
Visiblemente afectada, e tamén "sorprendida de que sexa Marnotes quen fale deste tema, porque aquí todos nos coñecemos", a concelleira socialista do Carballiño Asunción Rivero, a quen o PP involucrou nun fraude de lei por "regalarlle un contrato de traballo para liberala coma concelleira", compareceu esta mañá ante os medios e despois de pasar unhos dias fora do Carballiño, para dar resposta as acusacións do Partido Popular. Rivero confesou sentirse orgullosa da súa humilde orixe familiar e de "terse feito a sí mesma" e nese sentido o que máis lle molestou foron "as dudas sobre a miña valía profesional". Tamén engadiu a concelleira socialista que sobre a súa vida profesional non tén por qué dar explicacións a ningúen, e que tratou e tratará de seguir compaxinando a súa vida profesional coa actividade pública que desenvolve no Concello do Carballiño. Preguntada sobre si a súa relación laboral tivera que ver coa Xunta de Galicia, Asunción Rivero recoñeceu que "evidentemente sí, pero creo que me avala a miña valía profesional".
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Asunción Rivero concelleira socialista no Carballiño
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/asuncion-rivero-considera-que-non-ten-porque-dar-explicacions-ninguen-sobre-sua-vida
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/asuncion-rivero-considera-que-non-ten-porque-dar-explicacions-ninguen-sobre-sua-vida
[3] whatsapp://send?text=Asunción Rivero considera que non tén porqué dar explicacións a ninguén sobre a súa vida profesional http://copecarballino.es/novas/asuncion-rivero-considera-que-non-ten-porque-dar-explicacions-ninguen-sobre-sua-vida
[4] https://copecarballino.es/print/42355