Desenrolado por coroa.es
Técnicos da Xunta de Galicia achegaronse esta mañá atá as instalacións da canceira do Carballiño, sita na Medela, onde realizaron varias fotografias das instalacións, e posteriormente solicitaron no Concello diversa documentación sobre a execución desta obra, según confirmou a esta emisora de radio o concelleiro de medio ambiente do Carballiño, Bernardo García. O proxecto de construcción da canceira fora financiado pola conselleria de medio ambiente da Xunta de Galicia, sendo Pachi Vázquez o seu titular, con diversas achegas económicas por importe de 250.000 euros, por medio de convenios asinados có concello carballiñés. Sobre a execución deste proxecto, viñeronse producindo durante os últimos anos varias denuncias públicas por parte de grupos ecoloxistas, poñendo de manifesto diversas deficiencias observadas na execución da obra.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-de-galicia-inspecciona-instalacións-e-o-expediente-de-construcción-da-canceira
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-de-galicia-inspecciona-instalacións-e-o-expediente-de-construcción-da-canceira
[3] whatsapp://send?text=A Xunta de Galicia inspecciona as instalacións e o expediente de construcción da canceira http://copecarballino.es/novas/xunta-de-galicia-inspecciona-instalacións-e-o-expediente-de-construcción-da-canceira
[4] https://copecarballino.es/print/42363