Desenrolado por coroa.es
As Concellerías de Cultura e Deporte do Concello de Boborás veñen de programar varias actividades para os veciños e veciñas do municipio, e que terán lugar durante as vacacións do nadal, xa que boa parte das mesmas están dirixidas ós maís pequenos. Do 28 ó 31 de decembro, de dez da mañá á unha da tarde, o colexio "Nosa Sra. de Xuvencos" acollerá un obradoiro de arranxos de nadal. Xa na primeira semana de xaneiro, desenvolveránse o resto das actividades programadas. O dia 2, membros da asociación cultural "Os Serandeiros", moitos deles veciños de Boborás, percorrerán os pobos do Concello, animando á veciñanza a cantar os reis. O dia 3, pola tarde, e novamente nas dependencias do colexio púlblico, celebraráse a xa tradicional Festa de Nadal, na que haberá xogos, actuacións e faráse entrega dos premios ós gañadores do 3º concurso municipal de postais. E tamén se celebrará unha merenda, á que están convidados todos os veciños e veciñas do Concello. Xa finalmente, o dia 4 será a visita o parque de atraccións de Pazolandia, no recinto de Expourense, con saída en autocar desde Boborás ás dez e media da mañá e regreso ás dúas e media da tarde. Esta actividade está reservada para nenos e nenas entre os catro e os dezaséis anos, que deberán inscribirse con antelación nas oficinas municipais do Concello de Boborás, atá o dia 30 de decembro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-serandeiros-animaran-cantar-os-reis-vecinanza-de-boboras
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-serandeiros-animaran-cantar-os-reis-vecinanza-de-boboras
[3] whatsapp://send?text=
[4] https://copecarballino.es/print/42379