Desenrolado por coroa.es
Sensibilizar a toda a poboación no esforzo por facer un contorno máis saudáble e respetuoso có medio ambiente, éste é o obxetivo dunha iniciativa que se pón en marcha desde a axencia local de sostibilidade, e coa que colabora a asociación de comerciantes do Carballiño. Consistirá no reparto de 20.000 bolsas de papel e 1.500 almanaques de parede, que serán distribuídos a través dos establecementos do centro comercial aberto do Carballiño. No acto de presentación desta campaña de sensibilización cidadán, tanto o concelleiro de medio ambiente Bernardo García coma o presidente do colectivo comercial carballiñes Adolfo Nogueira, incidiron na importancia deste tipo de actividades para lograr un Carballiño máis saudáble e menos agresivo có medio ambiente. E para lográlo son varias as recomendacións que se nos fan nas doce follas deste singular almanaque, consellos que teñen que ver co consumo da auga, a enerxía eléctrica, a calefacción, o transporte e o combustible, os verquidos ás augas e a atmósfera, os ruídos e o tratamento do lixo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/20000-bolsas-de-papel-e-1500-almanaques-por-un-o-carballino-mais-respetuoso-co-medio-ambiente
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/20000-bolsas-de-papel-e-1500-almanaques-por-un-o-carballino-mais-respetuoso-co-medio-ambiente
[3] whatsapp://send?text=20.000 bolsas de papel e 1.500 almanaques por un O Carballiño máis respetuoso có medio ambiente http://copecarballino.es/novas/20000-bolsas-de-papel-e-1500-almanaques-por-un-o-carballino-mais-respetuoso-co-medio-ambiente
[4] https://copecarballino.es/print/42386