Desenrolado por coroa.es
A concelleira nacionalista de Igualdade e Benestar do Carballiño, Aúrea Francisco, ven de facer públicas distintas ofertas de formación para mulleres. Estas ofertas consisten nun curso de iniciación ao inglés, un de perfeccionamento de ofimática e internet e outro de maquillaxe creativa de entroido.
O Centro de Información ás Mulleres procederá a inscribir ás mulleres solicitantes dentro do prazo que comeza o vindeiro luns 8 de febreiro. Os horarios e datas son variados polo que aquelas mulleres interesadas deberán dirixirse ás oficinas do CIM, sito na rúa Faustino Santalices, ou ben facer as súas consultas por teléfono nos números 988531076 e 988531077, ou a traveso do correo electrónico cimcarballino@yahoo.es [5].
“O número de prazas é limitado –explica a concelleira do BNG, Áurea Francisco- polo que, aquelas mulleres interesadas non deben deixar a matrícula para última hora”. “Trátase de ofertar cursos –subliñou a portavoz nacionalista- que poidan servirlles cara a mellorar os seus currículos, ao tempo que melloran a súa formación persoal ”.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-centro-de-informacion-mulleres-do-carballino-oferta-cursos-de-formacion
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-centro-de-informacion-mulleres-do-carballino-oferta-cursos-de-formacion
[3] whatsapp://send?text=O Centro de información ás Mulleres do Carballiño oferta cursos de formación http://copecarballino.es/novas/o-centro-de-informacion-mulleres-do-carballino-oferta-cursos-de-formacion
[4] https://copecarballino.es/print/42420
[5] mailto:cimcarballino@yahoo.es