Desenrolado por coroa.es
A asociación ecoloxista considera que houbo manifestas irregularidades tanto na licitación da obra coma na posterior execución do proxecto, levado a cabo polo Concello do Carballiño na construcción da canceira muncipal. Según o grupo que lidera o activista Julio Fernández, non está claro que existese un proxecto do que se contratou, nin tampouco as modificacións feitas e as cantidades licitadas, polo que "temos indicios de serias irregularidades no manexo dos fondos que se concederon para estas obras durante o ano 2006, e a relación dos feitos parecen indicar o gasto de case 300.000 euros que deberían adecuar as intalacións á normativa, sen que tales fins fosen cumpridos". Os ecoloxistas tamén entenden que é moi sospeitosa a rapidez coa que se executaron as obras, que "permitíu que unha obra licitada en setembro de 2006, adxudicada en outubro e modificada en decembro, fora certificada e pagada nese mesmo mes de decembro de 2006". "Matar Por Matar Non" decide agora remitir toda a documentación da que dispón -non aclara qué tipo de documentación- á fiscalia de Ourense, e á vista de que "se están dando largas á tan cacareada comisión de investigación, aprobada por unanimidade no pleno do Concello do Carballiño de data 26 de marzo de 2009, ou sexa, hai case un ano e medio". Finalmente, o grupo ecoloxista recorda que "o único claro atá o momento é que a pesar de todo o diñeiro que se moveu, a maioria dos cans foron eliminados e tirados nun enorme burato nas instalacións da canceira". A obras da polémica, executadas polo Concello Carballiñés, foron financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, durante o ano 2006, sendo daquéla o seu titular Pachi Vázquez.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/matar-por-matar-non-remite-fiscalia-documentacion-da-obra-de-construccion-da-canceira
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/matar-por-matar-non-remite-fiscalia-documentacion-da-obra-de-construccion-da-canceira
[3] whatsapp://send?text=
[4] https://copecarballino.es/print/42434