Desenrolado por coroa.es
O Concello do Carballiño contará este ano cun plan extratéxico para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, que está a promover a concelleira nacionalista Aúrea Francisco, responsable da concellería de Igualdade e Benestar. Agárdase que nun prazo arredor dos seis meses poidan completarse os traballos previos, que servirán para facer unha diagnose e establecer as liñas de actuación posteriores, unha tarefa para a que foi contratada a consultora Sánchez-Albornoz, especializada en políticas de xénero e igualdade.En base a esa diagnose, elaboraráse posteriormente o propio plan de igualdade, que incluirá diferentes áreas de actuación, como serán os da propia administración, benestar social, cultura, deportes, formación e emprego, linguaxe ou violencia. O plan de iguladade no que se está a traballar -remarcou a concelleira- "non terá como únicas persoas destinatarias as mulleres, senón que tamén haberá que incluír actuacións para o conxunto da poboación, para homes, nenos e nenas, mozos e mozas, mulleres e homes, de todas as idades". No proceso de elaboración deste plan municipal de igualdade invitaráse a participar nos distintos grupos de discusión ás asociacións carballiñesas, e tamén se farán entrevistas ó persoal técnico e político do concello carballiñés.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleira-aurea-francisco-promove-un-plan-municipal-de-igualdade-entre-mulleres-e-homes
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleira-aurea-francisco-promove-un-plan-municipal-de-igualdade-entre-mulleres-e-homes
[3] whatsapp://send?text=A Concelleira Aurea Francisco promove un plan municipal de igualdade entre mulleres e homes http://copecarballino.es/novas/concelleira-aurea-francisco-promove-un-plan-municipal-de-igualdade-entre-mulleres-e-homes
[4] https://copecarballino.es/print/42437