Desenrolado por coroa.es
O acordo tomouse por unha estreita marxe, tan só un voto de diferencia no seo da xunta local do partido Popular, no trannscurso dunha reunión á que asistiron 24 dos 30 integrantes da actúal xunta local do partido no Carballiño, que preside Guillermo Fernández Feijóo. Na xuntanza puxeronse de manifesto dúas posturas, unha favorable á convocatoria inminente do congreso local do partido defendida polo grupo municipal có seu portavoz Argimiro Marnotes á cabeza, e a outra partidaria de retrasar a convocatoria, que apoiaron o actúal Presidente Guillermo Fernández e un sector da xunta. Por un só voto de diferencia impúxose a primeira das opcións, solicitar da dirección provincial do a convocatoria do congreso local do Partido Popular, que podería ser tan só cuestión de dias, de tal maneira que a súa celebración teria lugar entre os vindeiros meses de marzo ou abril. A esa convocatoria xa anunciou que se presentará Argimiro Marnotes, como candidato á presidencia local. Marnotes é ún dos secretarios executivos da xunta provincial do Partido Popular, que preside desde o pasado mes de xaneiro José Manuel Baltar.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-do-pp-do-carballiño-acorda-solicitar-convocatoria-do-congreso-local
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-do-pp-do-carballiño-acorda-solicitar-convocatoria-do-congreso-local
[3] whatsapp://send?text=A Xunta do PP do Carballiño acorda solicitar a convocatoria do congreso local http://copecarballino.es/novas/xunta-do-pp-do-carballiño-acorda-solicitar-convocatoria-do-congreso-local
[4] https://copecarballino.es/print/42441