Desenrolado por coroa.es
O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, realizou esta mañá unha visita institucional ó concello do Carballiño, na que estivo acompañdado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Camilo Ocampo, e o Alcalde do Carballiño. O motivo da visita foi supervisar os proxectos desenvolvidos a través do plan E de 2009, nos que se investiron un total de 2.448.164 euros, repartidos en 7 actuacións, e que permitiron a contratación -según os datos oficiais- dun total de 103 persoas. Concretamente, o representante do Goberno , tivo ocasión de comprobar o resultado de dous proxectos, o acondicionamento da rúa Alexandre Bóveda, que tivo un coste de 449.249 euros, e a reforma das piscinas municipais, nas que o concello carbaliñés investíu 830.426 euros. Louro anunciou que o Ministerio de Política Territorial xa aprobou todos os proxectos presentados polo concello do Carballiño para o FEIL corrrespondente a este ano 2010, cunha aportación económica por parte do Estado de 1.511.665 de euros. Desta vez, serán 22 proxectos, que preven a contratación de 119 persoas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/antón-louro-destaca-que-os-proxectos-do-plan-e-no-carballiño-dan-traballo-222-persoas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/antón-louro-destaca-que-os-proxectos-do-plan-e-no-carballiño-dan-traballo-222-persoas
[3] whatsapp://send?text=Antón Louro destaca que os proxectos do Plan E no Carballiño dan traballo a 222 persoas http://copecarballino.es/novas/antón-louro-destaca-que-os-proxectos-do-plan-e-no-carballiño-dan-traballo-222-persoas
[4] https://copecarballino.es/print/42465