Desenrolado por coroa.es
Desde hoxe, todas as persoas que queiran posicionarse contra o polémico muro do proxecto de urbanización da Veracruz, poderán facélo asinando un escrito no que se solicita "que se retire o muro e paredón de pedra aplacada que cerca o monumento". Con esta iniciativa nace no Carballiño a "Plataforma pola defensa da Veracruz", un colectivo veciñal que se considera "apartidista e aconfesional, e co único fin de conseguir da administracción que se pare o que consideramos é unha desfeita para un ben xa universal como é o Templo da Veracruz". José Luis Alves, ún dos promotores da plataforma, tamén incidíu no sentido "apolítico desta reivindicación popular, xa que o respeto ó noso patrimonio é o que se pide, e eso nada ten que ver coa política partidista", polo que se recabará o apoio de todos os veciños e veciñas sen distinción de ideoloxia, aclaran, xa que "o único que intentamos é que non se consolide unha tropelía que despois será xa un mal irreparable". Os escritos para esta recollida de sinaturas, que serán remitidas á Dirección Xeral de Patrimonio, poderán encontrarse en diversos locais do Carballiño abertos ó publico, como comercios e establecementos de hostelería.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/plataforma-pola-defensa-do-entorno-da-veracruz-pon-en-marcha-unha-recollida-de-sinaturas-para
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/plataforma-pola-defensa-do-entorno-da-veracruz-pon-en-marcha-unha-recollida-de-sinaturas-para
[3] whatsapp://send?text=A
[4] https://copecarballino.es/print/42500