Desenrolado por coroa.es
Duás persoas resultaron con feridas, unha delas de gravidade, tras rexistrarse un accidente de tráfico na estrada N-541, á altura da localidade de Brués, no termo municipal do Concello de boborás. O sinistro ocorreu pasadas as sete da mañá cando colisionaron frontalmente dous vehículos, tralo choque unha das víctimas sufriu feridas graves, polo que foi evacuada ó Complexo Hospitalario de Ourense nun helicóptero do 112, mentres que a outra persoa ferida foi trasladada en ambulancia, tras recibir as primeiras asistencias. Ademáis da Garda Civil de Tráfico, que regulou a circulación na zona, tamén interviron os Servizos Médicos do 112 e unha dotación do Grumir e Protección Civil do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/dous-feridos-nun-accidente-de-tráfico-na-n-541-ao-seu-paso-por-brués
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/dous-feridos-nun-accidente-de-tráfico-na-n-541-ao-seu-paso-por-brués
[3] whatsapp://send?text=Dous feridos nun accidente de tráfico na N-541 ao seu paso por Brués http://copecarballino.es/novas/dous-feridos-nun-accidente-de-tráfico-na-n-541-ao-seu-paso-por-brués
[4] https://copecarballino.es/print/42501