Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Patrimonio informa desfavorablemente o PXOM de Leiro

8, Xuño 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ven de informar desfavoblamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Leiro, aprobado inicialmente pola Corporación deste Concello, polo que deberá introducir diversas modificacións no documento, fundamentalmente relativas á incorporación  de bens no catálogo de elementos patrimoniais protexidos, que non figuraban no proxecto que o Concello de Leiro remitíu á Dirección Xeral de Urbanismo e Infraestructuras da Xunta de Galicia. O infome da comisión de patrimonio cultural detectou a ausencia de 7 elementos patrimoniais protexidos que deberán incorporarse ó catálogo, entre eles a necrópolis recentemente descuberta en montes da parroquia de Orega. Tras o achádego, a asociación cultural Castela Auriense solicitara a patrimonio o recoñecemento desta necrópolis medieval, que según posteriores investigacións podería remontarse ó século X. O Alcade de Leiro, Francsico José Fernández restou importancia a este informe negativo de patrimonio e manifestou que "dentro dos informes desfavorables é o menos negativo que podía esperarse, e incluso nos advierte que nalgunhos casos pecamos de proteccionismo como sucedeu coa igrexa parroquial de San Pedro, que non tén interés patrimonial". Agora. o Concello de Leiro deberá corrrexir os erros detectados e remitir novamente a documentación á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. O rexidor municipal agarda que os trámites non supoñan un retraso na  aprobación definitiva do PXOM de Leiro.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/patrimonio-informa-desfavorablemente-o-pxom-de-leiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/patrimonio-informa-desfavorablemente-o-pxom-de-leiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/patrimonio-informa-desfavorablemente-o-pxom-de-leiro [3] whatsapp://send?text=Patrimonio informa desfavorablemente o PXOM de Leiro http://copecarballino.es/novas/patrimonio-informa-desfavorablemente-o-pxom-de-leiro [4] https://copecarballino.es/print/42514