Desenrolado por coroa.es
Desde logo que moi poucas veces una votación pode resolverse cunhos resultados como os que Argimiro Marnotes obtivo, 155 votos a favor de 155 emitidos, unanimidade, algo atá agora descoñecido na traxectoria do Partido Popular do Carballiño. Os 155 afiliados do PP carballiñes que se achegaron atá a casa da cultura para participar neste proceso electoral interno representan o 71% do total de afilidados do partido no Carballiño que tiñan dereito a participar na votación, é decir, que as súas cuotas de afililado estaban ó dia no momento da convocatoria do congreso. Marnotes xa reunira 296 avales para a súa candidatura, a única que reuníu o mínimo de 50 avales que se requerían. A nova executiva local do Partido Popular, agora xa con Marnotes á cabeza, está integrada por un total de 45 persoas, entre as que figuran membros da anterior executiva que presidía Guillermo Fernández, e incluso de executivas anteriores que regresan ó órgano de dirección local do partido, e tamén algunhas caras novas, que se suman a este novo proxecto dos populares carballiñes.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/marnotes-elexido-por-unanimidade-novo-presidente-do-pp-carballiñés
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/marnotes-elexido-por-unanimidade-novo-presidente-do-pp-carballiñés
[3] whatsapp://send?text=Marnotes, elexido por unanimidade novo Presidente do PP carballiñés http://copecarballino.es/novas/marnotes-elexido-por-unanimidade-novo-presidente-do-pp-carballiñés
[4] https://copecarballino.es/print/42529