Desenrolado por coroa.es
Os Portavoces dos tres grupos políticos con representación na Corporación Municipal do Carballiño, PSOE, BNG e PP, reunidos esta mañá, acordaron "que por parte do Concello se tramite o expediente para distinguuir a "Paul" có título de Amigo Predilecto do Carballiño, xa que esta consideración é unha forma de agradecer a repercusión internacional que tivo a nosa vila". O famoso celalópodo do acuario alemán que prediciu os éxitos de España na Copa de Mundo de Fútbol é elevado á categoria de personalidade pola Xunta de Portavoces do Concello Carballiñés, e asi se recolle na acta da reunión na que se espeficica que "se faculta ó Alcalde para que leve a cabo as xestións oportunas a fin de conseguir que unha comitiva da localidade xermana que acolle a Paul poida visitar a nosa vila en tan sinalada data e na maneira do posible traer consigo a tan afamada personalidade". A visita faríase coincidir có vindeiro dia 8 da agosto, data de celebración da Festa do Polbo, e para a que desde o Concello Carballiñés tamén se cursará unha invitación especial ó Presidente da Federación Española de fútbol, Angel María Villar, o adestrador Vicente del Bosque, e ós xogadores que conseguiron para España a primeira Copa do Mundo da súa historia. Este anuncio fíxose coincidir coa presentación do cartel anunciador da festa, do que outro ano máís é o seu autor o carballiñes Felipe -Senén López Gómez, un acto que se desenvolveu na casa do concello e ó que, ademáis do Alcalde e o Concelleiro de Festexos, tamén acudiron os patrocinadores da festa, que estará este ano dedicada ó Mosteiro de Oseira.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-de-portavoces-acorda-abrir-expediente-para-distinguir-paul-có-titulo-de-amigo-predilecto
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-de-portavoces-acorda-abrir-expediente-para-distinguir-paul-có-titulo-de-amigo-predilecto
[3] whatsapp://send?text=A Xunta de Portavoces acorda abrir expediente para distinguir a
[4] https://copecarballino.es/print/42537