Desenrolado por coroa.es
Onta xoves, remataba en principio, o prazo de reflexiòn e paralizaciòn momentànea das obras da pranta de compostaxe das Fontaìñas (Cea). A iste acordo de mìnimos chegaban, Compost Galicia - empresa adxudicataria da licencia- e os representantes da Plataforma Cidadà en contra da ubicaciòn de dita pranta,na reuniòn informativa mantida o luns dia 4.
Abrìase, deste xeito, un prazo prudencial de 10 dìas para a bùsqueda de soluciòns e calmar a axitaciòn veciñal. Asemade, tamèn, pretendìase, niste tempo, aclarar a titularidade dun camiño pùblico, que segundo os veciños, pasa entre as dùas parcelas onde se executa a pranta e tentar dilucidar os lìmites entre os concellos de San Cristovo de Cea e Maside
Non hai de momento, ningùn tipo de acordo, segundo Josè Mosquera, voceiro da plataforma; mentras tanto dende a empresa comunìcase que non hai data para a reanudaciòn dos traballos, a pesares, de que a legalidade os ampara, o ter tòdolos permisos esixidos para o desenvolvemento do proxecto.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/maquinas-seguen-paradas-nas-fontainas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/maquinas-seguen-paradas-nas-fontainas
[3] whatsapp://send?text=AS MAQUINAS SEGUEN PARADAS NAS FONTAIÑAS http://copecarballino.es/novas/maquinas-seguen-paradas-nas-fontainas
[4] https://copecarballino.es/print/42597