Desenrolado por coroa.es
O delegado do Goberno en Galicia, Antòn Louro, visitou às obras de adecuaciòn que se estàn a realizar na estrada N-541 ò seu paso pola vila do Carballiño.
O màximo representante do Executivo estatal na comunidade autònoma estivo acompañado polo alcalde do Carballiño, Carlos Alberto Montes; o subdelegado do Governo en Ourense, Camilo Ocampo; e o xefe da Demarcaciòn de Estradas do Esatdo en Galicia, Angel González del Rìo.
O delegado do Governo diu conta dos datos mais importantes desta actuaciòn; asì indicou co Ministerio de Fomento adxudicou à empresa Aopil S. L. as obras de mellora e acondicionamento desta travesìa que discorre polo tèrmino municipal do Carballiño
Por outro lado, o delegado precisou que a zona sobre a que se està a actuar è a comprendida entre os puntos kilomètricos 25 e 27 da N-541 e, entre outros traballos proxectados, destacou a construcciòn dunha nova glorieta (à altura da Casa Azul), novas beirrarùas e a habilitaciòn de novos servicios urbanos.
Louro Goyanes incidiu, asemade, na importante inversiòn destinada polo Governo central a iste proxecto; cantidade que ascende a 1.81 millòns de euros. Ademais, subliñou que as reformas previstas conlevaràn importantes melloras en materia de funcionalidade e seguridade vial nesta estrada, e tamèn remarcou o compromiso do executivo de Rodrìguez Zapatero cas polìticas encaminadas a reducir a sinistralidade viaria.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-delegado-do-governo-visitou-obras-da-n-541
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-delegado-do-governo-visitou-obras-da-n-541
[3] whatsapp://send?text=O DELEGADO DO GOVERNO VISITOU AS OBRAS DA N-541 http://copecarballino.es/novas/o-delegado-do-governo-visitou-obras-da-n-541
[4] https://copecarballino.es/print/42598