Desenrolado por coroa.es
Conforme van pasando as semanas vai en aumento a incertidume sobre a continuidade ou non das obras de urbanización da praza da Veracruz, unha problemática debida ás diferencias que manteñen o Bispado e o Concello do Carballiño sobre a tilularidade de parte dos terreos nos que se executa este proxecto, concretamente os que se localizan na parte sur do templo, na zona xa acondicionada e axardinada polo concello carballiñes a principios da década dos anos 90 do pasado século, dáquela e cun investimento de 5 millóns de pesetas, procederase ao acondicionamento deste espazo, tal como hoxe o coñecemos. Desde o Bispado a a Parroquia do Carballiño, tras a polémica polo muro, advertíuse ós promotores da obra que para autorizar a súa continuidade nesta parte da praza teríanse que atender unha série de peticións, tanto en relación ó muro como a outros aspéctos técnicos do proxecto. Mentres, desde o Concello Carballiñés, tanto o Alcalde Carlos Montes coma o Concelleiro de Obras, Manuel Amil, comparecian conxuntamente ante os medios de comunicación para desvelar a existencia dun documento de compra-venda polo que o Concello do Carballiño adquiríu unha parcela de 600 mts cadrados á familia Seisdedos, no ano 1972, e por importe de 820.000 pesetas. Esta parcela é a que se sitúa dentro da zona axardinada´fronte ó Tanatorio Veracruz, sen embargo o Concello do Carballiño non conta con ningún outro documento de propiedade relativo o resto dos terreos da parte sur, aínda que os responsables municipais manteñen que tamèn son de propiedade pública "porque figuran como tales no catálogo de bens do Concello, e desde sempre foi o Concello quen se ocupou dos traballos de conservación desta praza". Ante a posiblidade que este litixio pola propiedade dos terreos levase á Xunta a suspender a execución da obra, Amil manifestou que "se o pobo do Carballiño, foi capaz de levantar a Igrexa coas suás aportacións, tamén tería que selo agora para facer o mesmo coa praza ".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/diferencias-sobre-propiedade-dos-terreos-fai-perigar-continuidade-do-proxecto-de-urbanizacion
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/diferencias-sobre-propiedade-dos-terreos-fai-perigar-continuidade-do-proxecto-de-urbanizacion
[3] whatsapp://send?text=As diferencias sobre a propiedade dos terreos fai perigar a continuidade do proxecto de urbanización do entorno da Veracruz http://copecarballino.es/novas/diferencias-sobre-propiedade-dos-terreos-fai-perigar-continuidade-do-proxecto-de-urbanizacion
[4] https://copecarballino.es/print/42601