Desenrolado por coroa.es
Asi deste maneira escenificaron os 3 portavoces da Corporación Municipal a mensaxe unitaria na busca do consenso para o proxecto da praza no entorno da Veracruz, facendo un brinde -as copas estaban baleiras- simbólico, transmitindo á opinión pública unha postura común dos grupos políticos do Concello do Carballiño. O Alcalde, Carlos Montes, decía que "a pelota está agora no noso tellado, e a nosa responsabilidade será agora buscar o maior consenso posible". Tamén destacaba este espírito de unidade O Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, que recalcaba a necesidade de darlle a Xunta unha resposta consensuada polo conxunto da sociedade carballiñesa. Amil congratulábase do feito de que O Conselleiro garantise persoalmente a execución do proxecto, para o ano que vén co remate dos viais e o acondicionamento provisional do espazo no que xa se actúou, e tamén -sobre todo- a continuuidade do proxecto unha vez que se chegue a esa situación de consenso. O Portavoz nacionalista espera "que ningúen pretenda sacarlle rédito político a este proxecto e que sexamos capaces de actúar con espírito de grandeza". Pola súa parte, Argimiro Marnotes agradecía "o compromiso da Xunta e do Conselleiro con esta obra, como se demostrou desde o principio". O Portavoz do Partido Popular decía, finalmente, que "este debe ser o proxecto de todo o pobo do Carballiño".
Desde a "Platoforma en defensa do legado de Evaristo Vaamonde" acolleuse con satisfacción o anuncio de suspender a execución do proxecto que estaba previsto. Desde este colectivo cidadán, Jose Luis Alves agradeceu a través de esta emisora de radio "os apoios recibidos" e anuncio que desde a plataforma están na mellor disposición posible para chegar a ese consenso que pide a Xunta.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-brinde-polo-consenso-para-obra-no-entorno-da-veracruz
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-brinde-polo-consenso-para-obra-no-entorno-da-veracruz
[3] whatsapp://send?text=Un brinde polo consenso para a obra no entorno da Veracruz http://copecarballino.es/novas/un-brinde-polo-consenso-para-obra-no-entorno-da-veracruz
[4] https://copecarballino.es/print/42630