Desenrolado por coroa.es
As intensas choivas caídas nas últimas xornadas provocaron o desbordamento do río Arenteiro en distintos tramos, afectando a gran parte do paseo fluvial, na zona semi-urbana do Carballiño. Como pode comprobarse na foto, na zona entre O Cornuval e Toscaña, resultaron anegados tanto o camiño como as fincas colindantes. As inundacións tamén afectaron a outras zonas, como o bañiño de Arcos, a área recreativa do Cuco ou a piscifactoria, asi como a avenida do parque municipal. O aspecto era tamén imponente na desembocadura do río Marañao, no límite dos Concellos de San Cristovo de Cea e O Carballiño, ónde varias estradas locais estiveron cortadas ó tráfico.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/riada-do-arenteiro-anega-o-paseo-e-deixa-intransitables-camiños-e-estradas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/riada-do-arenteiro-anega-o-paseo-e-deixa-intransitables-camiños-e-estradas
[3] whatsapp://send?text=A riada do Arenteiro anega o paseo e deixa intransitables camiños e estradas http://copecarballino.es/novas/riada-do-arenteiro-anega-o-paseo-e-deixa-intransitables-camiños-e-estradas
[4] https://copecarballino.es/print/42633