Desenrolado por coroa.es
A actúal concelleira Pilar Caride é, xunto ó Candidato á Alcaldia, Argimiro Marnotes, os únicos que repetirán entre os 10 primeiros postos da candidatura dos populares carballiñes para as eleccións municipais. Da lista, caense, pois, Roberto Ameijeiras e Anayansi Rodriguez, que nin tan xiquera figuran na candidatura, mentres que Emilio García faino no posto 17 "como mostra de apoio a esta renovación". As novidades chegan con Martín Nogueira, ó que o Partido Popular presenta como un profesional de prestixio como aval "para a atención social e sanitaria", mentres que "para o fomento do emprego e as problemáticas sociais buscaronse a "persoas comprometidas e con moitas gañas de traballar polo Carballiño e con experiencia contrastada na súa traxectoria profesional", como a sicóloga Purificación Alberte que ocupa o 5º posto, a orientadora laboral Teresa Valiñas no nº 8 ou o técnico en desenvolvemento rural Rodrigo González, noveno na lista. Tamén se incorpora á candidatura popular o inxeñieiro técnico agrícola Magín Daparte, séptimo, o empregado de banca Emilio Carballeda, que figura no cuarto posto da lista, e tamén o fan entre os 10 primeiros dous empresarios, Jesús Rodríguez, sexto, e Maria Elena González, na décima posición. O Candidato Argimiro Marnotes manifesta "a satisfacción polo apoio que esta lista te do Partido, unha lista preparada para cambear o rumbo político do Carballiño"
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/marnotes-presenta-súa-lista-cun-equipo-moi-renovado-e-preparado-para-gobernar
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/marnotes-presenta-súa-lista-cun-equipo-moi-renovado-e-preparado-para-gobernar
[3] whatsapp://send?text=Marnotes presenta a súa lista
[4] https://copecarballino.es/print/42677