Desenrolado por coroa.es
A Xunta Local de Seguridade Cidadán do Carballiño, que integran O Alcalde, e os responsables da Subdelegación do Goberno, Garda Civil e Policia Local, celebraron unha reunión na que analizaron e fixeron balance do último ano en materia de seguridade cidadán. Según os datos que se puxeron de manifesto nesta xuntanza, o número de roubos en vivendas do Carballiño descendeu o pasado ano, pasando dos 13 en 2009 a tan só 7 en 2010. Tanto a Garda Civil como a Policia Local destacaron a colaboración veciñal, que axuda en moitos casos a evitar este tipo de delitos, salientando como claves de este descenso de roubos en vivendas, a detención dunha banda que actuaba na zona, tamén se destaca como feito positvo que o número de detidos por feitos delitivos aumentou de 42 en 2009 a 52 que se rexistraron en 2010. Onde sí se producíu un siñificativo aumento de delitos foi no tráfico, en parte debido ós modernos medios cós que conta agora a Policia Local do Carballiño, que lle permite desenvolver con máis eficacia o control do tráfico. Tamén se detectou un repunte en relación ós delitos de violencia doméstica e de xénero, ónde na actualidade se contabilizan un total de 16 persoas no programa de protección de víctimas no municipio do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-local-de-seguridade-asegura-que-descenderon-os-roubos-en-vivendas-mentres-aumentan-os
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-local-de-seguridade-asegura-que-descenderon-os-roubos-en-vivendas-mentres-aumentan-os
[3] whatsapp://send?text=A Xunta Local de Seguridade asegura que descenderon os roubos en vivendas, mentres aumentan os delitos de xénero e tráfico http://copecarballino.es/novas/xunta-local-de-seguridade-asegura-que-descenderon-os-roubos-en-vivendas-mentres-aumentan-os
[4] https://copecarballino.es/print/42681