Desenrolado por coroa.es
Revolcón electoral no Concello do Carballiño, o Partido Popular gañou por vez primeira unhas eleccións municipais no Carballiño con maioria absoluta. Argimiro Marnotes acadou para o Partido Popular 9 concellais na futura Corporación Municipal, e logra un resultado histórico para os populares, que volverán obstentar o Goberno Municipal 16 anos despois. A victoria do Partido Popular, con 3.973 votos, fundamentouse no retroceso dos socialistas e na debacle dos nacionalistas. O PSOE que lideraba Paco Fumega retrocedeu atá os 3.185 votos, obtén 7 concellais, mentres que o BNG de Aúrea Francisco sufre o pior resultado dos nacionalistas nunhas municipais, con 724, quedanse cunha única concellería na Corporación Municipal. O apelido Marnotes volve 20 anos despois á Alcaldia do Carballiño, Argimrio pai e Argimiro fillo protagonizaron un emocionante encontro na noite electoral nos estudios de Cope O Carballiño, no transcurso do programa especial que realizou esta emisora de radio, e no que lles avanzamos a maioira absoluta para o Partido Popular ás nove menos cuarto da noite, co escrutinio das cen primeiras papeletas en 4 mesas electorais, que se confirmaría despois cós resultados definitos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/argimiro-marnotes-fernandez-gobernara-o-carballino-con-maioria-absoluta
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/argimiro-marnotes-fernandez-gobernara-o-carballino-con-maioria-absoluta
[3] whatsapp://send?text=Argimiro Marnotes Fernández gobernará O Carballiño con maioria absoluta http://copecarballino.es/novas/argimiro-marnotes-fernandez-gobernara-o-carballino-con-maioria-absoluta
[4] https://copecarballino.es/print/42695