Desenrolado por coroa.es
[5]A victoria blaugrana no Wembley Stadium desatou a euforia dos seguidores carballiñeses, concentrados no entorno do santuario culé, a "Casa Piruxo", ónde a empanada galega e o cava catalán fixeron unha perfecta maridaxe para celebrar un novo éxito do Barça. Nada máis rematar o partido que deu os culés a cuarta Copa de Europa, centos de afeccionados sairon ás ruas do Carballiño, unha boa parte deles deronse cita na sede da Peña Barcelonista liderados polo "mítico Pituxo", que repartiu abrazos e saúdos entre numerosos amigos. Un espectáculo de fogos artificiais e clásicos cánticos como os de "boti, boti, madridista el que no boti" resoaron na noite carballiñesa. A anécdota da celebración, que transcurríu sen incidentes, foi a chamada da atención dunha patrulla da Policia Local a unhos afeccionados que se dispoñían a pintar coas coores azul e grana o paso de peóns, sen embargo pouco efectiva foi a advertencia, xa que momentos despois da retirada da dotación policial, proseguiron coa súa idea, e finalmente, materializaron o seu obxetivo no medio dos aplausos da concurrencia.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/celebracion-azulgrana-no-carballino-controlada-pola-policia-local
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/celebracion-azulgrana-no-carballino-controlada-pola-policia-local
[3] whatsapp://send?text=Celebración azulgrana no Carballiño
[4] https://copecarballino.es/print/42701
[5] https://copecarballino.es/image/policia-local-non-pudo-impedir-pintada