Desenrolado por coroa.es
C.D. Arenteiro xogará o primeiro partido de liga en Espiñedo fronte a un dos equipos chamado a moverse na zona noble da clasificación, o C.D. Allariz, que ven de eliminar ao Ourense B na fase previa da Copa Deputación. Pola súa parte, o Maside F.C., que sucumbia ante o Verín (0-2) na mesma ronda de copa, viaxará na primeira xornada atá o campo do Ramirás. En ambos casos, será o vindeiro domingo dia 4 de setembro.
Antes, Maside e Arenteiro, que este ano volven coincidir en competición oficial na primeira autonómica, desputarán o tradicional partido das festas do San Vitorio masidao, o sábado 27 de agosto ás 19:00 horas no campo municipal do Outeiro Grande. O Arenteiro chega a este encontro, tras gañar este pasado domingo o torneo triangular que se xogou no campo do Melias, cos locatorios ós que derrotou por 0-1 cun gol de Adrián Iglesias, e có Nogueira de Ramuín, co que empatou 0--0.
Xa na 2ª autonómica, a primeira xornada de liga, que tamén arrancará o domingo 4 de setembro, ten os seguintes enfrontamentos:
- C.D. Trives - C.D. Cea
- Leiro C.F. - Ribeiro F.C.
- At. Barbantes - Barra de Miño
- Amoeiro - Stº. Teresita
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/arenteiro-e-maside-abrirán-liga-enfrontandose-allariz-e-ramirás
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/arenteiro-e-maside-abrirán-liga-enfrontandose-allariz-e-ramirás
[3] whatsapp://send?text=Arenteiro e Maside abrirán a liga enfrontandose a Allariz e Ramirás http://copecarballino.es/novas/arenteiro-e-maside-abrirán-liga-enfrontandose-allariz-e-ramirás
[4] https://copecarballino.es/print/42748