Desenrolado por coroa.es
O Belén Vivente é unha representación na que os seus personaxes son persoas que intentan retroceder no tempo e escenificar o nacemento de Xesús. Este é o que se celebra desde o ano 1987 en Dacón, o segundo pobo con maior poboación do Concello de Maside e que é coñecido a nivel mundial pola súa marcada identidade, definida principalmente polo oficio tradicional dos xamoneiros e arrieiros.
A historia deste evento comezou o 25 de decembro de 1987, cando un grupo de vecinos decidiron converter Dacón en Xerusalén e pasar unhas festas navideñas todos xuntos, ofrecendo ós visitantes un pintoresco e diferente Nadal. Non faltaron os pastores, a Virxe, San Xosé, os Reis Magos, lavandeiras, muiñeiras, ferreiros, afiadores, carpinteiros, leñadores, taberna con licores caseiros, pasteleiras, panadeiros, soldados romanos, o castelo do rei Herodes cos seus escribas, o anxo anunciador do nacemento... e un neno Xesús de carne e óso!
Este primeiro Belén tivo un gran éxito, converténdose cos anos nun lugar de visita obrigatoria no calendario festivo da provincia de Ourense e incluso de Galicia.
Co paso dos anos, cambiou en tres ocasións de ubicación e pouco a pouco fóronse facendo numerosas melloras no terreo e nas instalacións (portal, castelo, muíño, río, etc.) e introducíndose varias innovacións, todo elo con moitas horas de traballo e esforzo económico.
Desde hai un par de anos, o Belén Vivente de Dacón non se celebrou por falta de organizadores con tempo e gañas para mantelo, debido o gran traballo que supón organizar un evento desta índole, sobre todo tendo en conta a data na que se celebra, 25 de decembro.
Trala recuperación do Belén Vivinte o ano pasado na Carballeira da Garrida, este ano volvese a celebrar dito evento, polo que desde a organización convidan a todo o pobo de Dacón e á xente da comarca para achegarse a esta nova edición do Belén Viviente o vindeiro 25 de decembro as doce da mañá.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/polo-nadalregresa-o-belén-viviente-de-dacón
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/polo-nadalregresa-o-belén-viviente-de-dacón
[3] whatsapp://send?text=Polo Nadal...regresa o Belén Viviente de Dacón http://copecarballino.es/novas/polo-nadalregresa-o-belén-viviente-de-dacón
[4] https://copecarballino.es/print/42852