Desenrolado por coroa.es
Tras dous meses e 6 dias desde o seu ingreso na unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, recibíu hoxe a alta médica.
O pequeno Marcos, de 4 anos de idade, unha das víctimas do incendio no edficio Magariños o pasado dia 12 de novembro de 2011, fora trasladado ese dia en helicóptero atá o centro sanitario con feridas graves, das que se foi recuperando.
Na xornada de hoxe o neno abandonou o centro hospitalario e desde última hora da tarde xa se atopa no seu domicilio do Carballiño. Agora, terá que acudir periodicamente ao centro hospitalario para a súa recuperación definitiva.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pequeno-marcos-xa-está-na-súa-casa-do-carballiño
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pequeno-marcos-xa-está-na-súa-casa-do-carballiño
[3] whatsapp://send?text=O Pequeno Marcos xa está na súa casa do Carballiño http://copecarballino.es/novas/o-pequeno-marcos-xa-está-na-súa-casa-do-carballiño
[4] https://copecarballino.es/print/42892