Desenrolado por coroa.es
A área de Deportes do concello do Carballiño invita a todos os afeccionados ao futbol sala ás semifinais e a final do campionato de seleccións locais bases, que terá lugar o domingo 5 de febreiro. A esta fase final acoden un total de 16 seleccións nas categorías de Benxamin, Alevin, Infantil e Cadete, representando a 10 das 12 localidades que disputaron a primeira fase, a saber: A Mariña Lucense, Lugo Sur, Ferrol, A Coruña, Cambre, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense, quedando ausentes Lambre-Mandeo e Deza.
A competición celebrarase o domingo, en xornada de mañá para disputar as semifinais, e xa pola tarde xogaranse as finais.
Os encontros xogaranse nos polideportivos de Cea e O Carballiño, no caso deste nas dúas pistas do Paco Chao.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-e-cea-acollen-fase-final-de-seleccions-de-futbol-sala-base
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-e-cea-acollen-fase-final-de-seleccions-de-futbol-sala-base
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño e Cea acollen a fase final de seleccións de fútbol- sala base http://copecarballino.es/novas/o-carballino-e-cea-acollen-fase-final-de-seleccions-de-futbol-sala-base
[4] https://copecarballino.es/print/42915