Desenrolado por coroa.es
A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de dictar unha sentencia na que da a razón a CIG en relación ao recurso que presentara contra a Relación de Postos de Traballo aprobada en marzo de 2008. A RPT fora aprobada pola Corporación Muncipal, daquéla presidida polo Ex-Alcalde Carlos Montes, e cun goberno en minoria dos socialistas.
Agora, case 4 anos despois, a xustiza "anula por non estar conforme a dereito a Relación de Postos de Traballo - RPT- do ano 2008, estimando desta maneira o recurso presentado pola Confederación Intersindical Galega, ao entender que o acordo do Concello do Carballiño foi adoptado de "forma unilateral"`polo que se aprobou unha RPT "a carta e discriminatoria" para os traballadores.
A sentencia ten agora un valor puramente testimonial, toda vez que a relación laboral e a RPT do ano 2008 está xa superada polo tempo. Desde a CIG-Adimistracción Local, Xavier Cerdeiro lamentou a tardanza da sentencia "a xustiza cando é lenta deixa de ser xustiza, aínda que tarde a sentencia dano a razón e condena ao Concello do Carballiño por violar o dereito á negociación colectiva e a libertade sindical", suliñou.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xustiza-anula-rpt-de-2008-no-concello-do-carballiño
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xustiza-anula-rpt-de-2008-no-concello-do-carballiño
[3] whatsapp://send?text=A Xustiza anula a RPT de 2008 no Concello do Carballiño http://copecarballino.es/novas/xustiza-anula-rpt-de-2008-no-concello-do-carballiño
[4] https://copecarballino.es/print/42925