Desenrolado por coroa.es
A Deputación de Ourense ten que aportar 280.000 euros a este proxecto, o retraso na achega económica por parte da entidade provincial motivou a paralización temporal da obra.
Na Deputación explicaron a esta emisora de radio que a aportación económica que lle corresponde facer a este proxecto según o convenio suscrito coa Xunta "non pudo facerse nas últimas semanas porque os servizos económicos estiveron centrados na elaboración do plan de axuste para acollerse ao Real Decreto que regula a financiación do pago de débedas aos proveedores".
Non obstante, desde a entidade provincial informaron a COPE O Carballiño que "nas próximas semanas procederáse a regularizar este trámite coa Xunta de Galicia", que fará posible a reanudación das obras de construcción do parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño O Ribeiro. A Deputación afrontará o pagamento de 280.000 euros en achegas trimestrais de 70.000 euros.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/obra-do-parque-de-bombeiros-mantense-pendente-da-aportación-da-deputación
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/obra-do-parque-de-bombeiros-mantense-pendente-da-aportación-da-deputación
[3] whatsapp://send?text=A obra do parque de bombeiros mantense pendente da aportación da Deputación http://copecarballino.es/novas/obra-do-parque-de-bombeiros-mantense-pendente-da-aportación-da-deputación
[4] https://copecarballino.es/print/42972