Desenrolado por coroa.es
Nogueira de Ramuín e Arenteiro volveron repetir o resultado da primeira volta, en 180 minutos de xogo non foron capaces de marcar un gol válido. E incidimos no de válido porque o Arenteiro sí conseguíu esta tarde marcar un gol no minuto 80 de partido por medio de Alén, pero o árbitrou anulouno por suposto fora de xogo, privando ao Arenteiro dunha probable victoria.
O Arenteiro levou desde o principio o peso do partido, a disposición táctica dos carballiñeses desquiciou ao Nogueira, a pesar de comezar o partido os carballiñeses atá con 5 ausencias de xogadores habituais no equipo titular: César, Pablo, e Iglesias que non podían estar, e Marcos Sotelo e Alén no banquiño. Asi e todo, o Arenteiro fixo hoxe unha demostración de poderío físico, de ambición e de estilo, e só a falta de pegada -outra semana máis- condenou ao Arenteiro a un empate que, visto o visto no campo, sabe a pouco, se algún equipo mereceu gañar hoxe no campo da Tella foi o Arenteiro. O Nogueira tan só inquietou en dúas ocasións ao final da primeira parte.
Terceiro empate consecutivo do Arenteiro, 3 puntos de 9 posibles na últimas tres xornadas, fan que os carballiñeses cheguen á recta final do campionato sen apenas marxe de erro. Tralo empate no campo do líder, conserva a 2ª posición na clasificación, a tan só 2 puntos de Covadonga e Allariz, e a 3 do Ramirás.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-mereceu-máis-na-súa-visita-nogueira-de-ramuín-0-0
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-mereceu-máis-na-súa-visita-nogueira-de-ramuín-0-0
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro mereceu máis na súa visita a Nogueira de Ramuín, 0-0. http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-mereceu-máis-na-súa-visita-nogueira-de-ramuín-0-0
[4] https://copecarballino.es/print/42978
[5] https://copecarballino.es/image/volach%C3%A1-lanza-unha-falta-sobre-porter%C3%ADa-do-nogueira
[6] https://copecarballino.es/image/outra-xogada-do-partido-1