Desenrolado por coroa.es
A Praza Maior acolleu este 17 de Maio o acto institucional organizado polo concello do Carballiño, que se desenvolveu cun ambiente festivo e a presenza de maior parte da Corporación Municipal.
O Alcalde, Argimiro Marnotes, deu lectura a un bando conmemorativo, e de seguido procedeuse á solta de mil globos de cor azul co lema escrito en cor branca "Letras Galegas 2012 concello do Carballiño", combinando asi as dúas cores da bandeira galega. Ademáis, prendido a cada globo, colocaronse papeis con frases, palabras e lemas alusivos á lingua galega, feitos polo alumnado dos distintos centros educativos do Carballiño.
Ao acto acudiron a maioria dos concelleiros e concelleiras dos grupos municipais do Partido Popular e PSdG-PSOE, asi como numerosos nenos, que foron protagonistas destacados deste actividade conmemorativa do dia das letras galegas, que contou coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüistica do concello do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/centos-de-globos-ao-ceo-do-carballiño-para-celebrar-o-dia-das-letras-galegas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/centos-de-globos-ao-ceo-do-carballiño-para-celebrar-o-dia-das-letras-galegas
[3] whatsapp://send?text=Centos de globos ao ceo do Carballiño para celebrar o dia das letras galegas http://copecarballino.es/novas/centos-de-globos-ao-ceo-do-carballiño-para-celebrar-o-dia-das-letras-galegas
[4] https://copecarballino.es/print/43025