Desenrolado por coroa.es
Os socialistas de Leiro denuncian a "opacidade do Partido Popular sobre as subvencións que recibiu o se están tramitando no Concello de Leiro":
A denuncia pública dos socialistas ten que ver coa actividade que desenvolve o Grupo de Desenvolvemento Rural das comarcas Ribeiro-O Carballiño, que preside o propio alcalde de Leiro.
O portavoz socialista, Manuel Rodríguez Vázquez, explica que hai máis de tres meses, o 17 de febreiro, foi solicitada a documentación relativa a estas subvencións, pero aínda non se recibiu ningunha notificación para acudir a revisala.
Desta forma, os socialistas sospeitan que tal vez sexa porque non se están facendo as cousas ben e o PP non quere que a oposición fiscalice a súa mala xestión ou posibles irregularidades.
Os socialistas esixen que se lles facilite a documentación á que teñen dereito como representantes da cidadanía, ou acudirán á Xustiza para que se recoñezan os dereitos que se lles recoñecen por lei.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-documentacion-das-subvencions-que-tramita-o-concello-de-leiro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-documentacion-das-subvencions-que-tramita-o-concello-de-leiro
[3] whatsapp://send?text=Os socialistas piden a documentación das subvencións que tramita o concello de Leiro http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-documentacion-das-subvencions-que-tramita-o-concello-de-leiro
[4] https://copecarballino.es/print/43033