Desenrolado por coroa.es
Un gol na segunda parte valeu ao Gondomar para levarse os 3 puntos de Espiñedo ante un Arenteiro que continúa indo a menos nesta liga, na que os carballiñeses parecen decididos a instalarse en zona de descenso.
C.D. Arenteiro: Macía, Carlos Escudero, Xurxo, Dabarca, Tazos ( Marcos Sotelo, m. 45 ), Gabriel ( Bardelás, m.75 ), Iago, Roberto Dacosta, Cancelas ( David Soares, m. 45), Iglesias e Javi López ( Manuel, m. 75).
Goles:
0-1. Minuto 66 de partido, tiro cruzado desde o borde da área grande que bate a Macia.
Comentario: Outro mal partido do Arenteiro que xenerou unha única ocasión de gol en toda a tarde, no minuto 42 cando Javi López se plantou so ante o meta visitante, pero éste arrrebatoulle o balón nunha magnífica interevención. Na primeira parte o Arenteiro xogou a empuxós esporádicos sobre a área rival, na segunda metade nin xiquera eso, os carballiñeses desapareceron do partido, que controlou en todo momento o Gondomar.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-gondomar-vence-en-espiñedo-un-arenteiro-apático-e-ramplón
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-gondomar-vence-en-espiñedo-un-arenteiro-apático-e-ramplón
[3] whatsapp://send?text=O Gondomar vence en Espiñedo a un Arenteiro apático e ramplón http://copecarballino.es/novas/o-gondomar-vence-en-espiñedo-un-arenteiro-apático-e-ramplón
[4] https://copecarballino.es/print/43135