Desenrolado por coroa.es
Ramón Dacosta xa non é adestrador do C.D. Arenteiro, tras o partido do pasado xoves en Lalín o club prescinde dos seus servizos.
O Presidente José Antonio "Cadavid" volve confiar o futuro do equipo a Francisco Romero, tal como xa fixera fai dous anos cando o actúal presidente xa o chamara para dirixir aos verdes, daquéla, xa coa competición bastante avanzada, non poidera reconducir a situación e o equipo consumaba o descenso de categoria. Ademáis de Romero, que é finalmente o elexido, tamén se fixeran contactos co adestradror ourensano Peluso.
Agora, tras once xornadas de competición ligueira, e co equipo clasificado no antepenúltimo lugar e xa eliminado do torneo de copa, os responsables do club esperan que o cámbeo de adestrador sexa o revulsivo que necesita o C.D. Arenteiro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ramón-dacosta-é-cesado-como-adestrador-do-cd-arenteiro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ramón-dacosta-é-cesado-como-adestrador-do-cd-arenteiro
[3] whatsapp://send?text=Ramón Dacosta é cesado como adestrador do C.D. Arenteiro http://copecarballino.es/novas/ramón-dacosta-é-cesado-como-adestrador-do-cd-arenteiro
[4] https://copecarballino.es/print/43164