Desenrolado por coroa.es
Outro paso atrás do Arenteiro nesta liga ao non pasar do empate ante os verineses, nun partido moi desputado e con ocasións para ambos equipos. O Arenteiro mellorou en relación a anteriores partidos, pero deixa escapar outros 2 puntos de Espiñedo.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Carlos Escudero, Dabarca, Marcos Sotelo, Iago (Gabriel), Pablo Piñeiro, Dacosta (Kennedy), Bardelás (Cancelas), Martín e David Soares.
Comentario: Tanto Arenteiro como Verín poideron gañar o partido se souberan materializar as ocasións das que dispuxeron. A máis clara da primeira parte foi nun man a man aos 7 minutos de David Soares. Xa no segundo periodo Martín pudo volver adiantar aos carballiñeses, pero o seu cabezazo a bocaxarro foi repelido por Piollo nunha meritoria intervención. Nos minutos finais do partido tamén tivo o Verín as súas ocasións, por duas veces tivo que respostar o meta local Macía con outras boas intervencións para evitar o gol dos verinenses.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/arenteiro-e-verin-reparten-puntos-en-espiñedo-0-0
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/arenteiro-e-verin-reparten-puntos-en-espiñedo-0-0
[3] whatsapp://send?text=Arenteiro e Verin reparten puntos en Espiñedo, 0-0. http://copecarballino.es/novas/arenteiro-e-verin-reparten-puntos-en-espiñedo-0-0
[4] https://copecarballino.es/print/43181