Desenrolado por coroa.es
O grupo de goberno socialista rexeitou a moción do Partido Popular na que se demandaba o acordo do pleno "para a renuncia e anulación do procedemento aberto para a contratación da concesión da xestión do servizo municipal de abastecemento de auga potable e alcantarillado e do concello de Maside".
A sesión plenaria da corporación masidá subíu de tono cando se tratou a petición dos populares, que deu lugar a un enfrontamento verbal entre o alcalde Celso Fernández e o portavoz da oposición, Juan Álvarez. Nun momento do debate, e cando se debatía sobre a posiblidade de que a Deputación se fixera cargo do servizo, o Alcalde afirmou que "xa sabemos que da Deputación saben vostedes moito porque non sei quen ten familiares traballando na Deputación, miremos o arredor e saberémolo".
As afirmacións do rexedor foron contestadadas polo portavoz popular, éste reprochoulle que "vostede vai vender por 25 anos ó pobo de Maside por 500 mil euros, eu estou aquí para defender os intereses dos veciños, e non coma tí que eres un alcalde marioneta que está aquí para defender intereses particulares dun empresario", espetoulle.
No transcurso do pleno tamén se cruzaron descalificacións entre concelleiros do goberno e a oposición, e mesmo desde o público algún dos veciños presentes se dirixiu en tono despectivo ao alcalde, que chamou por varias veces á órde tanto ao público como ao portavoz popular.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/bronco-pleno-municipal-en-maside-pola-privatizacion-do-servizo-da-auga-e-saneamento-neste
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/bronco-pleno-municipal-en-maside-pola-privatizacion-do-servizo-da-auga-e-saneamento-neste
[3] whatsapp://send?text=Bronco pleno municipal en Maside pola privatización do servizo da auga e saneamento neste municipio http://copecarballino.es/novas/bronco-pleno-municipal-en-maside-pola-privatizacion-do-servizo-da-auga-e-saneamento-neste
[4] https://copecarballino.es/print/43183