Desenrolado por coroa.es
Os carballiñeses xogaron no campo de San Campio de Pontellas o partido máis completo do que vai de campionato e fixeronse merecedores dunha victoria que lograron con toda solvencia, 0-3 no marcador final.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Gabriel, Dabarca, Tazos, Tacón, Dacosta, M. Sotelo, Kennedy, Martín ( Bardelás) e D. Soares (Marquina)-
Goles:
0-1. Minuto 18. Centro desde a esquerda de M.Sotelo e sen parar o balón David Soares fai o primeiro da tarde.
0-2. Minuto 60. Falta a unhos 25 metros da portería local, chupinazo directo de Pablo Dabarca que fai o segundo gol do Arenteiro.
0-3. Minuto 86. Penalti por mans dun defensor local que tranforma Roberto Dacosta no terceiro e definitivo da tarde.
Comentario: Malia a gran cantidade de auga caida nos últimos dias o campo do Pontellas presentaba un aspecto aceptable, que permitíu aos carballiñeses gañar con absoluta solvencia, malia presentarse con varias baixas no once titular. Tras adiantarse no marcador e unha primeira parte na que os locais apretaron, atá en duas ocasións as intervencións de Macia evitaron o empate, tras a reanudación o Pontellas enviou un balón o longueiro. Despois do segundo gol, o Arenteiro pasou a controlar totalmente o partido e tivo varias ocasións para ampliar ao seu favor o marcador.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/victoria-clara-do-cd-arenteiro-en-pontellas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/victoria-clara-do-cd-arenteiro-en-pontellas
[3] whatsapp://send?text=Victoria clara do C.D. Arenteiro en Pontellas http://copecarballino.es/novas/victoria-clara-do-cd-arenteiro-en-pontellas
[4] https://copecarballino.es/print/43197