Desenrolado por coroa.es
Os responsables municipais decidiran o ano pasado cambear o percorrido, que tivera a súa saída desde Rapariz e continuara por Curros Enríquez e a rúa peonil atá Calvo Sotelo. Este ano volveráse ao itinerario tradicional.
Trala polémica do ano pasado por este cámbeo, a concellería de cultura do Carballiño anuncia que para este desfile de 2013, o martes 12 de febreiro, vaise recuperar ese percorrido que viña sendo o tradicional, con saída desde Otero Pedraio, pasando polas rúas Conde Vallellano, Rotonda da Alameda, Avenida de Julio Rodríguez Soto, Calvo Sotelo, Tomás María Mosquera e Praza Maior.
Dende o luns 28 de xaneiro abriráse o prazo de incrición para as comparsas e grupos que queiran participar no desfile do martes de entroido no Carballiño. Dende a concellería de cultura daráse a coñecer nos próximos dias as bases do concurso de comparsas, a contía dos premios e demáis aspectos da organización, asegurando que os premios "serán entregados nada máis coñecerse o fallo do xurado, como xa se fixo o ano pasado", indican.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-decide-recuperar-o-percorrido-tradicional-para-o-desfile-do-carnaval
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-decide-recuperar-o-percorrido-tradicional-para-o-desfile-do-carnaval
[3] whatsapp://send?text=O concello decide recuperar o percorrido tradicional para o desfile do carnaval http://copecarballino.es/novas/o-concello-decide-recuperar-o-percorrido-tradicional-para-o-desfile-do-carnaval
[4] https://copecarballino.es/print/43224