Desenrolado por coroa.es
Os preto de 65.000 euros recibidos polo concello de Avión investíronse na creación dun punto de transferencia de residuos de construción e demolición.
O proxecto executado polo concello de Avión, e financiado por medio do fondo de compensación ambiental, ten como obxectivo contribuír á desaparición dos moitos vertedoiros que degradan paisaxística e medioambientalmente distintas zonas do concello. Esta infraestrutura instalouse nunha parcela do que vai a ser o polígono empresarial do Sifón, cumprindo coas demandas ambientais por estar fóra do alcance visual desde a estrada e desde as parroquias e non producir cheiros por tratarse de materiais inertes.
O Delegado territorial da Xunta ,Rogelio Martínez, acompañado polo alcalde do concello, Antonio Montero, visitou as obras realizadas e constatou que os traballos se executaron conforme ao proxecto aprobado, cun orzamento total de 64.800 euros. Unha vez realizada satisfactoriamente a comprobación material do investimento procedeuse ao acto administrativo de recepción da obra, na casa do concello de Avión.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-fondo-de-compensacion-ambiental-permite-ao-concello-de-avion-construir-un-punto-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-fondo-de-compensacion-ambiental-permite-ao-concello-de-avion-construir-un-punto-de
[3] whatsapp://send?text=O Fondo de Compensación Ambiental permite ao concello de Avión construir un punto de transferencia de residuos de demolicións http://copecarballino.es/novas/o-fondo-de-compensacion-ambiental-permite-ao-concello-de-avion-construir-un-punto-de
[4] https://copecarballino.es/print/43238