Desenrolado por coroa.es
O motivo da visita é a sinatura dun acordo de colaboración e intercámbeo cultural coa Fundación Antón Losada Diéguez, que permitirá participar no programa a 30 estudantes dos municipios de Boborás e O Carballiño.
A Senadora Fidelma Healy Eames chegará acompañada dunha avogada do Estado e un profesor, e asistirán a actos intitucionais que se celebrarán por parte dos concellos do Carballiño e Boborás, os próximos dias 5 e 6 de abril, venres e sábado desta semana.
O programa cultural facilitará que 30 estudantes de ambos concellos poidan desplazarse periódicamente a partir de 2014 a Irlanda, con estadías nas que participarán de actividades culturais e lúdicas, co obxetivo de perfeccionar o idioma inglés e coñecer a cultura irlandesa. De igual maneira, o intercámbeo contempla recibir por parte das familias de Boborás e O Carballiño que participen na experiencia a outros 30 estudantes irlandenses.
Coa iniciativa colaborará a Consellería de Cultura da Xunta e o alcalde de Boborás e Presidente da Fundación Antón Losada Diéguez precisou que "terán prioridade aqueles rapaces de familas con menos recursos económicos".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/senadora-fidelma-healy-preside-unha-delegacion-irlandesa-que-visita-esta-semana-boboras-e-o
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/senadora-fidelma-healy-preside-unha-delegacion-irlandesa-que-visita-esta-semana-boboras-e-o
[3] whatsapp://send?text=A senadora Fidelma Healy preside unha delegación irlandesa que visita esta semana Boborás e O Carballiño http://copecarballino.es/novas/senadora-fidelma-healy-preside-unha-delegacion-irlandesa-que-visita-esta-semana-boboras-e-o
[4] https://copecarballino.es/print/43272