Desenrolado por coroa.es
Os socialistas presentaron a iniciativa por medio dunha moción para que sexa tratada no pleno da corporación carballiñesa.
A creación da nova ordenanza implicaría unha taxa que deberían abonar as entidades bancarias que teñan instalados caixeiros automáticos nas fachadas das rúas. O grupo socialista incluso propón a contía económica da nova taxa, serían 3.600 euros por cada caixeiro. Explican que "a lexislación permite de forma clara o cobro desta taxa por aproveitamento da vía pública".
Desta maneira, o concello tería unha nova vía de recadación "distinta á de esquilmar continuamente os petos dos contribuíntes", subliñan os socialistas. Solicitan ademáis, que non se aplique ningunha exención e que a nova ordenanza entre en vigor coa maior premura posible.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-grupo-socialista-propón-que-se-instaure-unha-taxa-para-os-caixeiros-das-entidades-bancarias
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-grupo-socialista-propón-que-se-instaure-unha-taxa-para-os-caixeiros-das-entidades-bancarias
[3] whatsapp://send?text=O grupo socialista propón que se instaure unha taxa para os caixeiros das entidades bancarias http://copecarballino.es/novas/o-grupo-socialista-propón-que-se-instaure-unha-taxa-para-os-caixeiros-das-entidades-bancarias
[4] https://copecarballino.es/print/43368