Desenrolado por coroa.es
O C:D. Arenteiro encarrilou ao seu favor a eliminatoria de Octavos de Final da Copa Deputación ao vencer a domicilio ao At. Vilariño, no partido de ida, xogado no campo do Medo.
C. D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Omar, Victor Gallego, Adrián Núñez, Cancelas, Manu e Oscar. No último cuarto de partido tamén xogaron Prada, Canexón, Martín e Bardelás.
Goles:
1-0: Minuto 16, xogada á contra do Vilariño que culmina cun tiro raso batindo a Pachi.
1-1. Minuto 69, Pablo Dabarca, ao tranformar un penalti por agarrón a Lois.
1-2. Minuto 87, Fantástica internada de Prada que culmina Canexón de tiro raso e axustado ao pau.
O Partido: Dominado de principio a fin polo Arenteiro, que tivo que conformarse cunha victoria moi axustada ao fallar varias ocasións manifestas de gol, sobre todo na primeira parte, as máis claras, a cargo de Oscar e Omar, que non souperon definir. Pola contra, o Vilariño acertou no único tiro do partido sobre a portería de Pachi.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/copa-deputación-vilariño-1-cdarenteiro-2
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/copa-deputación-vilariño-1-cdarenteiro-2
[3] whatsapp://send?text=Copa Deputación : At. Vilariño 1 C.D.Arenteiro 2 http://copecarballino.es/novas/copa-deputación-vilariño-1-cdarenteiro-2
[4] https://copecarballino.es/print/43437