Desenrolado por coroa.es
Efectivo partido dos carballñeses que endosaron ao líder Nogueira de Ramuín a primeira derrota da tempada no seu campo da Tella, o que lle permite ao C.D. Arenteiro continuar coa súa racha de imbatibilidade nas últimas 9 xornadas de liga, sumando 2 empates e 7 victorias.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Oscar, Omar, Bardelás, V. Gallego, Quiroga, Martín e Prada. No último cuarto de partido tamén xogaron Canexón, Manu, Núñez e M. Sotelo.
Goles:
0-1. Minuto 50. Diego Quiroga executa maxistralmente unha falta enviando o balón á escuadra da portería local.
0-2. Minuto 71. Walter Martín, de cabeza, ao máis puro estilo Carlos Santillana.
0-3. Minuto 84. Outro libre directo sobre a portería local, desta vez é Manu quen protagoniza un magnífico lanzamento, salvando a barreira e enviando o balón axustado o pau.
O Partido: Con dúas partes moi diferentes, a primeira na que o líder dominou e a segunda na que o Arenteiro sentenciou con solvencia. O momento clave do partido pudo ser o minuto 39, cando o Nogueira quedouse con 10 xogadores no campo por expulsión de Meleiro, que víu doble cartón amararelo. Atá ese momento o Nogueira controlaba o partido cunha presión no medio do campo que impedía aos carballiñeses poder progresar cara a área local. Na segunda parte, o partido mudou sustancialmente, sendo entón o Arenteiro o que pasou a controlar o partido e a gozar das mellores ocasións, e froito delas chegou a victoria.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/victoria-de-cd-arenteiro-no-campo-do-líder-0-3
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/victoria-de-cd-arenteiro-no-campo-do-líder-0-3
[3] whatsapp://send?text=Victoria de C.D. Arenteiro no campo do líder, 0-3. http://copecarballino.es/novas/victoria-de-cd-arenteiro-no-campo-do-líder-0-3
[4] https://copecarballino.es/print/43449