Desenrolado por coroa.es
A Consellería de Cultura vén de adxudicar a xestión do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica de San Cibrao de Lás á empresa Espiral Xestión Cultural.
Esta empresa será responsable da prestación deste servizo público ata finais de 2017. Desta forma resólvese o concurso convocado o pasado mes de xullo por procedemento aberto e en réxime de concesión co fin de contratar a explotación integral do parque. O importe de adxudicación, durante os próximos 3 anos, foi dun total de 658.050 euros, cunha baixa do 10% respecto do orzamento de licitación. Previsiblemente o parque abrirá as súas portas ao longo do mes de febreiro do ano 2014.
O xacemento arqueolóxico coñecido como a ‘Cidade de San Cibrao de Lás’ é un dos castros máis grandes e monumentais da Comunidade Autónoma. O seu bo estado de conservación, o estado actual da escavación e a monumentalidade das súas defensas, fan del un referente, tanto desde o punto de vista da investigación como turístico.
A importancia deste xacemento xa foi obxecto da atención dos investigadores fai case un século, posto que entre os anos 1922 e 1925 xa escavou neste xacemento arqueolóxico Florentino López Cuevillas, continuando cos traballos Xaquín Lorenzo Fernández nos anos 1948-49. Anos despois, na década dos 80 e inicios dos 90, as actuacións foron desenvolvidos baixo o amparo do Museo Arqueolóxico de Ourense. Estas escavacións continuaron en datas máis recentes cara a súa posta en valor.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-fixa-para-febreiro-de-2014-apertura-do-parque-arqueolóxico-lansbrica
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-fixa-para-febreiro-de-2014-apertura-do-parque-arqueolóxico-lansbrica
[3] whatsapp://send?text=A Xunta fixa para Febreiro de 2014 a apertura do Parque Arqueolóxico Lansbrica http://copecarballino.es/novas/xunta-fixa-para-febreiro-de-2014-apertura-do-parque-arqueolóxico-lansbrica
[4] https://copecarballino.es/print/43474