Desenrolado por coroa.es
Os verdes desaproveitaron as numerosas ocasións que tiveron ante a portería rival, e a falta de acertou pagouna o equipo deixando escapar dous puntos de Espiñedo nunha tarde infernal de frio, choiva e vento e co terreo de xogo moi pesado que perxudicou o xogo do Arenteiro ante un rival, o Ramirás, que sigue sendo a besta negra dos carballiñeses.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Dabarca, Lois, Oscar, Alex, Bardelás, Gallego, Prada, Manu e M, Sotelo. Tamén xogaron Quiroga, Martín, Canexón e Omar,
O Partido: Faltoulle esta tarde ao Arenteiro a sorte que acaso tivo noutros partidos. Na primeira media hora os carballiñeses sumaron ata catro ocasións de gol, pero non era a tarde dos dianteiros , igual aconteceu na segunda parte, sobre todo na recta final do partido, cando primeiro una volea de Canexón encontrase ao porteiro vistante e un cabezazo de Martín vaise ao poste e o rebote as mans do porteiro. Con todo, a ocasión máis diáfana chegaba no minuto 89 cando V. Gallego senta ao guardameta do Rámirás e despois falla a portería vacía cando xa se cantaba o gol na grada.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falta-de-punteria-priva-ao-arenteiro-dun-triunfo-ante-o-ramiras-0-0
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falta-de-punteria-priva-ao-arenteiro-dun-triunfo-ante-o-ramiras-0-0
[3] whatsapp://send?text=A falta de puntería priva ao Arenteiro dun triunfo ante o Ramirás, 0-0 http://copecarballino.es/novas/falta-de-punteria-priva-ao-arenteiro-dun-triunfo-ante-o-ramiras-0-0
[4] https://copecarballino.es/print/43487