Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O concelleiro socialista pide ao alcalde "unha reunión para rebaixar a tensión política"

22, Xaneiro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Alberto Otero, o representante socialista na corporación de Boborás, aproveitou unha intervención nesta emisora de radio para lanzar esta petición ao alcalde Cipriano Caamaño.

Considera o socialista "que a situación de permanente enfrontamento que temos nos plenos perxudica a imaxe do noso concello". Otero referíuse ademáis "ás ánsias de Cipriano de chamar continuamente á Garda Civil, cando ésta debera estar para outras cousas".

O concelleiro do PSdG fixo unha proposta concreta ao alcalde Cipriano Caamaño que tería como obxetivo rebaixar a tensión política no concello de Boborás "pídolle ao alcalde que reuna aos portavoces, que nos sentemos e falemos, sería o mellor para o concello", subliñou.

Unha vez tivo coñecemento destas declaracións, o alcalde boborense manifestou que "eu sempre estou aberto ao diálogo e a confrontar ideas coa oposición, por suposto que sí, pero co que non estou dacordo nin permitiréi en ningún caso son difamacións ou provoacións, veñan de onde veñan", dixo Caamaño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-concelleiro-socialista-pide-ao-alcalde-unha-reuni%C3%B3n-para-rebaixar-tensi%C3%B3n-pol%C3%ADtica

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concelleiro-socialista-pide-ao-alcalde-unha-reunión-para-rebaixar-tensión-política [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concelleiro-socialista-pide-ao-alcalde-unha-reunión-para-rebaixar-tensión-política [3] whatsapp://send?text=O concelleiro socialista pide ao alcalde [4] https://copecarballino.es/print/43490