Desenrolado por coroa.es
Os verdes poideron sentenciar o partido na primeira parte, cando máis e mellor xogaron, imprimindo un forte ritmo que non obstante so lle deu para retirarse 1-0 ao descanso. Na segunda parte, tras desviar Pachi o balón nunha pena máxima a favor dos visitantes, o Arenteiro tivo que agardar aos minutos finais para resolver definitivamente. Excelente entrada en Espiñedo, máis de 400 afeccionados.
C.D. Arenteiro:Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Óscar ( Dabarca, m. 68 ), Alex, Marcos Sotelo Martín, m. 71, Victor Gallego, Diego Quiroga ( Manu, m. 75), Alex Bardelás e Miguel Prada ( Omar, m. 87 ).
Goles:
1-0.Minuto 23. Diego Quiroga en boca de gol tras unha boa xogada por banda de Miguel Prada
2-0.Minuto 83. Martín tras un pase milimétrico de Manu.
3-0.Minuto 85. Outra vez Martín, que gaña as costas á defensa visitante e en vaselina envia ao fondo da portería. Gol de auténtico crack.
O Partido: Aos 9 minutos M. Sotelo enviaba ao longueiro tras executar unha falta, a partir dese minuto sucederonse as numerosas ocasións de gol, sempre a favor do Arenteiro, que debeu chegar ao descanso cun marcador máis amplo. Na segunda parte, os carballiñeses cederon terreo no centro do campo, custaballes sair e propiciou que a U.P. Taboadela se decidise a buscar o empate. A xogada clave pudo ser a do minuto 60, cando o árbitro inventase un penalti a favor do equipo visitante, pero na portería carballiñesa estaba Pachi -soberbio de reflexos- para desvialo fora. A partir de ahí, o Arenteiro volveu a facerse co mando do partido, que sentenciou merecidamente nos minutos finais.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-arenteiro-superior-doblega-en-espiñedo-ao-segundo-clasificado-taboadela-3-0
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-arenteiro-superior-doblega-en-espiñedo-ao-segundo-clasificado-taboadela-3-0
[3] whatsapp://send?text=Un Arenteiro superior doblega en Espiñedo ao segundo clasificado, a U.P. Taboadela, 3-0. http://copecarballino.es/novas/un-arenteiro-superior-doblega-en-espiñedo-ao-segundo-clasificado-taboadela-3-0
[4] https://copecarballino.es/print/43498