Desenrolado por coroa.es
Os verdes conseguiron un meritorio punto no campo de Oira nun partido no que o trio árbitral foi o protagonista negativo. Permitiron o xogo extremadamente duro dos pontinos, escamotearon un penalti de libro sobre Bardelás e anularon un gol legal ao Arenteiro. Por si fora pouco, na xogada do gol do Ponte Ourense, a asistente párase e levanta a bandeirola, logo bota a correr e concede validez o tanto, que sube ao marcador.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Alex, M. Sotelo, V. Gallego, Manu, Bardelás e Prada. Tamén xogaron Óscar, Omar, Álex Santiago e Fran.
Goles:
1-0. Minuto 72. Xogada polémica, a asistente levanta a bandeirola pero logo permite a continuidade da xogada, a dianteira do Ponte toma ventaxa e Ivo remata a placer.
2-0. Minuto 80. Centro de Carlos e cabezazo de Victor Gallego, como mandan os canones, ao estilo Carlos Santillana.
O Partido: Condicionado pola desafortunada labor do árbitro ourensano Iago Grande e os seus asistentes. Na primeira parte privaron ao Arenteiro de adiantarse no marcador cos seus graves erros. Na segunda metade permitiron o continuo carrusel de faltas dos locais, sen apenas penalización, o Ponte fíxose co control do partido e puxo en apuros a portería de Pachi, ata que o gol de Victor Gallego fixo xustiza no marcador.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ponte-ourense-1-cd-arenteiro-1
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ponte-ourense-1-cd-arenteiro-1
[3] whatsapp://send?text=Ponte Ourense 1 C.D. Arenteiro 1 http://copecarballino.es/novas/ponte-ourense-1-cd-arenteiro-1
[4] https://copecarballino.es/print/43508