Desenrolado por coroa.es
A traballadora, que agora denuncia ao alcalde do Carballiño por un presunto delito de prevaricación, fora despedida en 2012.
O goberno municipal xustificara catro despidos de traballadores para cumplir co plan de axuste. Non obstante, esta traballadora, adscrita ao departamento municipal de servizos sociais, aducira que o seu despido obedecía a "motivos ideolóxicos", tal como posteriormente recollera a sentencia que considerara como nulo o despido, polo que a traballadora recuperou o seu posto de traballo.
Tras a denuncia da traballadora, o Xulgado nº 2 do Carballiño abríu dilixencias previas, requerindo a Policia Xudicial diversa documentación relativa ao caso nas dependencias municipais.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xulgado-abre-dilixencias-previas-tras-denuncia-dunha-traballadora-contra-o-alcalde
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xulgado-abre-dilixencias-previas-tras-denuncia-dunha-traballadora-contra-o-alcalde
[3] whatsapp://send?text=O xulgado abre dilixencias previas tras a denuncia dunha traballadora contra o alcalde http://copecarballino.es/novas/o-xulgado-abre-dilixencias-previas-tras-denuncia-dunha-traballadora-contra-o-alcalde
[4] https://copecarballino.es/print/43545