Desenrolado por coroa.es
Os carballiñeses foron quen de deixar fora da copa ao equipo da preferente. Os valdeorreses caeron na quenda de penaltis tras igualar o Arenteiro a eliminatoria cun gol de Victor Gallego na segunda parte.
C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Oscar, Lois, Dabarca, V.Gallego, Caneiro, Breogán, Martín, Bardelás e M. Sotelo. Tamén xogaron Prada, D. Quiroga, Canexón e Manu.
Goles:
1-0. Minuto 78. No balcón da área Breogán cociña a xogada cun aclarado perfecto para Quiroga, éste centra e V. Gallego remata sobre a porteria barquense.
Quenda de Penaltis:
Marcan os catro lanzamentos para o Arenteiro, por este orden, Dabarca, Quiroga, V. Gallego e Breogán. Xa non fixo falta o quinto lanzamento.
Polo Barco, marcan os dous primeiros lanzadores David Pérez e Ramos. No terceiro, Perdiz desvia o que tiraba Ramos, e no cuarto, o balón de Javi Recaman vaise o poste e recolleo Perdiz, o Arenteiro estaba clasificado.
O Partido: Unha primeira parte nivelada e sen ocasións de gol, e unha segunda -sobre todo a partir do minuto 60- na que o Arenteiro foise polo partido. Tralo gol que empataba a eliminatoria, os verdes poideron sentenciar con dúas claras ocasións de gol que tiveron Canexón e Manu, no primeiro caso o remate do dianteiro saíu alto e o cabezazo de Manu servíu a Macía para lucirse nunha gran intervención. A lotería dos penaltis fixo xustiza, porque no cómputo dos 180 minutos, o Arenteiro foi superior ao equipo da preferente.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-clasificase-para-semifinais-de-copa-tras-vencer-ao-barco-na-quenda-de-penaltis
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-clasificase-para-semifinais-de-copa-tras-vencer-ao-barco-na-quenda-de-penaltis
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro clasificase para as semifinais de copa tras vencer ao Barco na quenda de penaltis http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-clasificase-para-semifinais-de-copa-tras-vencer-ao-barco-na-quenda-de-penaltis
[4] https://copecarballino.es/print/43565